Morre unha muller de 76 anos nunha colisión en Oleiros (A Coruña)

Actualizado: domingo, 23 octubre 2016 19:24

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Unha muller de 76 anos, que responde á identidade de A.R.D, faleceu este domingo no Concello coruñés de Oleiros nunha colisión entre dous vehículos.

   En concreto, segundo precisou o 061 nun comunicado, o accidente de tráfico rexistrouse pasadas as 13,30 horas deste domingo e, ata o lugar do suceso, trasladáronse unha ambulancia asistencial e outra medicalizada do 061.

   Debido á colisión, ademais da muller de 76 anos, que faleceu no lugar do accidente, tamén foron atendidas outras dúas persoas. De feito, unha delas, un home de 83 anos que responde á identidade de C.J.M, foi trasladado ao Hosptal da Coruña.