Publicado: martes, 18 junio 2019 9:17

   PONTEVEDRA, 18 Jun. (EUROPA PRESS) -

   Unha nena faleceu na tarde do luns no municipio de Nigrán (Pontevedra) ao afogarse nunha piscina particular situada no Camiño da Carballeira.

   Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 20,00 horas deste luns. Foi unha persona particular a que contactou co servizo de emerxencias para alertar do sucedido e indicar que xa sacaran á menor da piscina.

   Por parte do 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida á menor.

   Ademais, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento da Guardia Civil, da Policía Local, do GES do Val Miñor e de Protección Civil.

   Tamén, os xestores do 112 Galicia informaron do ocorrido ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) por se fora necesaria a súa intervención para a atención dos familiares da nena.