A morte de 16 persoas con covid-19 eleva as vítimas da pandemia en Galicia a 1.566

Publicado: miércoles, 20 enero 2021 21:25

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Ene. (EUROPA PRESS) -

A morte na xornada deste mércores de 16 persoas que foran diagnosticadas con covid-19, cinco delas relacionadas con residencias de maiores, eleva as vítimas da pandemia en Galicia a 1.566.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) faleceu un home de 88 anos e unha muller de 89; mentres que no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) perderon a vida dúas mulleres de 84 e 85 anos e un home de 90.

Así mesmo, no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) morreu un home de 80 anos e unha muller de 81. Pola súa banda, no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) morreu un home de 77 anos e outro de 83. Por último, en Povisa rexistráronse os falecementos dun home de 56 anos e doutro de 84.

USUARIOS DE RESIDENCIAS

Ademas, morreu unha muller de 96 anos procedente da residencia Paz e Ben de Tui no CHUVI e un usuario da da Pastoriza de 95 anos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Tamén faleceu unha muller de 80 anos e outra de 87 no centro Santa María de Verín, así como unha de 91 anos no xeriátrico DomusVi de Vimianzo.