Os encoros galegos sitúanse ao 79% da súa capacidade

Situación dos encoros da conca Miño Sil na segunda semana do ano 2020
EPDATA
Actualizado: martes, 14 enero 2020 13:51

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Ene. (EUROPA PRESS) -

   Os encoros galegos perderon un total de 181 hectómetros cúbicos de auga na última semana e sitúanse nos 3.116, o que supón que se atopan ao 79% da súa capacidade total.

   Segundo os datos do boletín da reserva hidráulica, emitido este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, os encoros da conca Miño Sil perderon no últimos sete días 148 hectómetros cúbicos, e atópanse ao 80,6% da súa capacidade total, con 2.384 hectómetros cúbicos embalsados.

   Pola súa banda, os da conca Galicia Costa conteñen 551 hectómetros cúbicos de auga, 33 menos que fai sete días. Están ao 78,7% da súa capacidade total.