Os infectados por coronavirus soben a 2.211 en Galicia, o que supoñen 379 máis que este xoves, e a 67 as altas

Teléfonos de atención do coronavirus en Galicia
EUROPA PRESS
Publicado: viernes, 27 marzo 2020 11:54

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Mar. (EUROPA PRESS) -

   O número de infectados por coronavirus en Galicia ascende este venres a 2.211 casos, o que supoñen 379 máis que este xoves, cando había 1.832 rexistrados, segundo os datos actualizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública.

   Así o informa a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, no que sinala que as altas ascenderon a 67 na Comunidade galega, fronte ás 47 rexistradas este xoves.

   Do total de 2.211 casos positivos de coronavirus en Galicia, 552 deles corresponden á área da Coruña; 140 á de Lugo; 302 á de Ourense; 260 á de Pontevedra; 509 á de Vigo; 388 á de Santiago e 60 á de Ferrol.

   Dos pacientes positivos, 98 permanecen en UCI, 556 atópanse en unidades de hospitalización e 1.557 están en seguimento no seu domicilio, concretou Sanidade, que apunta que até a data rexistráronse 44 falecementos de persoas con coronavirus en Galicia.

   O número de probas PCR de coronavirus realizadas na Comunidade galega ascenden a 10.520, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade este venres.