Ourense detecta o primeiro caso positivo derivado dunha PCR preventiva polo novo rexistro de viaxeiros

Publicado: sábado, 1 agosto 2020 22:33

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Ago. (EUROPA PRESS) -

A área sanitaria de Ourense rexistrou este sábado o seu primeiro caso de coronavirus derivado dunha PCR realizada de forma preventiva a unha persoa inscrita no novo rexistro de viaxeiros posto en marcha pola Xunta.

Así o confirmaron fontes desta área sanitaria, que precisaron que o caso positivo é un viaxeiro procedente de Santo Domingo, que xa se atopa en illamento.

A proba, engadiron, realizóuselle de forma preventiva ao inscribirse no rexistro obrigatorio de viaxeiros, posto en marcha esta mesma semana e que obriga a dar os seus datos ás persoas que proceden de lugares cunha incidencia de COVID-19 superior á galega ou dos que non hai informacións fiables.

De acordo co protocolo, procedeuse tamén ha rastrexar aos seus contactos próximos, que xa gardan corentena.