Outros dous octoxenarios falecidos con COVID elevan a 705 as vítimas en Galicia

Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con Covid-19 que foi trasladado ao Hospital de Lugo.
Carlos Castro - Europa Press
Publicado: viernes, 18 septiembre 2020 12:29

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O falecemento de dous octoxenarios con coronavirus COVID-19 en Lugo e A Coruña nas últimas 24 horas eleva a 705 os mortos con este virus en Galicia desde o inicio da pandemia.

   Segundo informou este venres a Consellería de Sanidade, estas dúas persoas falecidas en centros hospitalarios galegos presentaban patoloxías previas.

   En concreto, faleceu un home de 89 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo e outro home de 86 anos hospitalizado no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac).

   Das 705 persona falecidas con COVID en Galicia, 142 falecementos rexistráronse en residencias e 168 en hospitais e residencias integradas.