A participación nas xerais alcanza o 58,93% en Galicia ás 18,00 horas, 7 puntos máis que en 2016

EUROPA PRESS
Publicado: domingo, 28 abril 2019 18:48

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Abr. (EUROPA PRESS) -

   A participación nas eleccións xerais deste 28 de abril alcanzou o 58,93 por cento en Galicia ás 18,00 horas, 7,25 puntos máis que no mesmo período de 2016, cando se situou no 51,68%. Así o informou este domingo o Ministerio do Interior, conforme a unha participación correspondente ao 99,90% de mesas con 99,92% de electores.

   A nivel nacional, a porcentaxe sobe até o 60,75%, con nove puntos e medio máis que en 2016, cando a cifra a esta hora era do 51,21%.

   En total, en Galicia exerceron o seu dereito a voto 1.319.238 persoas fronte a 1.166.962 en 2016. Por provincias, lideran a porcentaxe de voto Pontevedra, cunha 60,28% fronte ao 53,29% das últimas xerais. Séguenlle A Coruña, cun 58,61%, fronte ao 51,51% de 2016; Ourense cun 58,43% --50,20% en 2016-- e Lugo cun 56,71% --49,28% en 2016--.

PARTICIPACIÓN ÁS 14,00 HORAS

   Conforme ao dato anterior ofrecido polo Ministerio do Interior, ás 14,00 horas votara en Galicia un 36,96 por cento, fronte ao 34,07% rexistrado á mesma hora nas xerais de xuño de 2016, con dous puntos por encima da cifra anterior, aínda que en valores inferiores aos do conxunto do Estado que alcanzaran o 41,49%.

   En Galicia, 2.240.616 galegos están chamados ás urnas este domingo para decidir os 23 deputados e 16 senadores que representarán ao catro provincias galegas nas Cortes Xerais. Deles, 66.291 pediron facelo por correo e outras 1.148 persoas que se atopan temporalmente no estranxeiro tamén realizaron os trámites.

   A este total de electores, hai que sumar os 457.909 do censo de residentes ausentes (CERA) que tamén foron chamados a votar, dos cales solicitaron facelo un total de 22.228, segundo os datos de Instituto Nacional de Estatística (INE).

   Dos 2,2 millóns de electores, 929.181 correspóndense coa provincia da Coruña; 772.631, coa de Pontevedra; 278.291, con Lugo; e 260.513, coa de Ourense.

   Do total de electores, 58.093 son novos que votan por primeira vez ao cumprir 18 anos desde os últimos comicios. Deles, 24.010 correspóndense á provincia da Coruña; 22.362, á de Pontevedra; 6.061, á de Lugo, e 5.660, á de Ourense.