Podemos A Coruña inicia este sábado o proceso para a elección dos seus representantes

Actualizado: sábado, 29 noviembre 2014 7:33

A CORUÑA, 29 Nov. (EUROPA PRESS) -

A Asemblea Cidadá de Podemos A Coruña avalará este sábado, nunha asemblea, ás persoas que queiran presentarse á elección dos órganos de representación na cidade.

O aval realizarase presencialmente no Edificio Sindical, ás 18,00 horas, e calquera cidadán poderá acudir para posicionarse, segundo informaron.

Todas as persoas inscritas en Podemos na circunscripción coruñesa poderán propoñerse a secretario xeral e ao consello cidadán, que estará composto por 20 membros.

Así mesmo, explica que o aval da asemblea é necesario para presentar a candidatura oficialmente, que se deberá validar antes do domingo 30 ás 23,59 horas.

O proceso continuará coa presentación dos documentos por parte dos candidatos. A partir do 6 de decembro, comezará a campaña electoral que se prolongará ata o 26 dese mesmo mes.

Na última semana do ano, procederase ao proceso de votación cidadá e, finalmente, a proclamación destes órganos será o 2 de xaneiro, momento no que quedarán constituídos os órganos a nivel municipal.