O PPdeG reivindica o "esforzo" de galegos e galegas para "contribuír ao futuro de Galicia" no Primeiro de Maio

Publicado: miércoles, 1 mayo 2024 14:32

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 May. (EUROPA PRESS) -

O PPdeG reivindicou o "esforzo" dos galegos e galegas para "contribuír ao futuro de Galicia", con motivo da celebración do Día do Traballador.

Fíxoo a través de redes sociais nunha xornada de mobilizacións convocadas en distintas localidades galegas polos sindicatos UXT e CCOO e CIG, con actos centrais na cidade da Coruña este ano.

"Celebramos o Día do Traballador recoñecendo o esforzo e dedicación que todos os galegos e galegas fan día a día", sinalan en redes sociais.

"Para contribuír ao futuro de Galicia", apostila a formación popular na súa mensaxe acompañada cunha fotografía na que se pode ver a senllos operarios.

Contador