SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Ago. (EUROPA PRESS) -
O home detido en Monforte por unha suposta agresión sexual a unha menor foi trasladado na mañá deste domingo aos Xulgados, onde se atopa prestando declaración xudicial, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Policía Nacional.
O home, que supera os 30 anos de idade, foi apresado o pasado venres e desde entón realízanse as investigacións oportunas para esclarecer o sucedido.
Fontes do corpo consultadas non confirman se a presunta vítima se trata dunha familiar do detido.