PSA Vigo presenta en sociedade o novo Peugeot 2008, cuxa produción en serie comezará en outubro

AV.- PSA Vigo presenta en sociedade o novo Peugeot 2008, cuxa produción en serie comezará en outubro
EUROPA PRESS
Publicado: miércoles, 19 junio 2019 10:01

VIGO, 19 Jun. (EUROPA PRESS) -

A planta de PSA Peugeot Citron en Vigo presentou este mércores en sociedade o seu novo modelo, o Peugeot 2008, un "todocamiño" que comezará a súa produción en serie a principios de outubro.

A presentación tivo lugar á primeira hora da mañá na planta de Balaídos, nun acto que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e no que o director da fábrica, Ignacio Bueno, lembrou que a produción deste novo modelo (no sistema 1 da factoría) atraerá unha facturación de 450 millóns de euros para os provedores galegos.

Pola súa banda, o presidente do Goberno galego agradeceu a confianza e o compromiso do Grupo PSA co centro de produción vigués e co sector da automoción de Galicia. Ademais, valorou a aposta da fábrica viguesa pola innovación.