O PSOE relega dos postos de saída nas listas para o 10N á que fora deputada por Lugo Sonsoles López

Publicado: lunes, 30 septiembre 2019 20:29

   A formación ratifica aos mesmos cabezas de lista do 28 de abril para o Congreso e o Senado

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Sep. (EUROPA PRESS) -

   A Comisión Federal de Listas ratificou as candidaturas que o Partido Socialista presentará ás eleccións xerais polas provincias galegas, na que o único cambio é a caída da que fose deputada por Lugo, Sonsoles López, dos postos de saída.

   En concreto, esta política lucense que era afín ao que fora secretario provincial do PSOE de Lugo Álvaro Santos --cargo do que dimitiu alegando diferenzas coa dirección do PSdeG-- caeu do número dous da lista ao Congreso por Lugo ao terceiro posto.

   Nun comunicado, o PSdeG informou de que a decisión se tomou a petición da dirección provincial do PSOE, que solicitou situar ao que fose candidato á Alcaldía do Corgo, Javier Cerqueiro no número dous.

   Este é a única modificación nas listas aprobadas por Comité Federal de Listas --órgano encargado de ratificar as candidaturas que o Partido Socialista presenta aos distintos procesos electorais.

   Ademais, con este cambio, os socialistas galegos recuperan o formato cremallera para todas as candidaturas ao Congreso, que encabezan catro mulleres.

CABEZAS DE LISTA

   Deste xeito, o Partido Socialista mantén as cabezas de lista das pasadas eleccións do 28 de abril. En concreto, o número uno ao Congreso polas provincias galegas foron Pilar Cancela (A Coruña), Ana Prieto (Lugo), Olga Alonso (Pontevedra), Marina Ortega (Ourense).

   Pola súa banda, encabezaron as candidaturas ao Senado Antonio Vázquez Lorenzo (A Coruña), César Mogo (Lugo), Modesto Pose (Pontevedra) e Juan Carlos Francisco Rivera (Ourense).

LISTA COMPLETAS

   En concreto, a candidatura á Cámara baixa pola provincia da Coruña está integrada por Pilar Cancela (1), Pablo Arangüena (2), Montserrat García (3), Diego Taibo (4), Natividade González Laso (5), Jesús Fernández (6), Beatriz Domínguez (7) e Miguel Paz (8).

   Pola súa banda, a do Senado pola Coruña intégrana Antonio Vázquez Lorenzo (1), Obdulia Taboadela (2) e Julio Barros (3).

   Por Lugo, concorrerán ao Congreso Ana Prieto (1), Javier Cerqueiro (2), Sonsoles López (3), e Daniel Castro (4). Ademais, forman a candidatura ao Senado Céar Mogo (1), Pilar García Porto (2) e José Luís Raposo (3).

   En canto á provincia de Ourense, a lista ao Congreso está integrada por Mariña Ortega (1), Adolfo Pérez Abellas (2), Uxía Tizón (3) e Antonio Fernández Feijóo (4). Pola súa banda, a da Cámara alta fórmana Juan Carlos Francisco Rivera (1), Marina Tallón (2) e José Antonio Pérez Domínguez (3).

   En Pontevedra, configuran a candidatura do PSOE ao Congreso Olga Alonso (1), Guillermo Meijón (2), Ángeles Marra (3), Jorge María (3), Olga Rodríguez Puga (5), Diego Cuiña Iglesias (6) e María Pérez Martínez (7).

   Por último, son candidatos do PSOE ao Senado por Pontevedra Mondesto Pose (1), Margarita Adrio (2) e Daniel Chenlo (3).

"CANDIDATURAS COMPROMETIDAS"

   Despois de coñecerse a ratificación das listas, o secretario de Organización do PSOE na provincia de Lugo, Juan Valiño, destacou que os socialistas presentan "candidaturas comprometidas para defender os intereses de todos os lucenses e da provincia".

   Ademais, no comunicado, destacan que Javier Cerqueiro foi coordinador do grupo provincial de Pedro Sánchez na campaña das primarias.