Sanidade notifica 27 novas mortes con COVID-19, a cifra máis alta desde o mes de abril

Publicado: lunes, 25 enero 2021 21:54

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Ene. (EUROPA PRESS) -

As vítimas da pandemia en Galicia elévanse a 1.649 despois de que as autoridades sanitarias informasen este luns de 27 novas mortes por mor da COVID-19 que se rexistraron desde o 22 de xaneiro.

Esta cifra é a terceira máis alta comunicada en toda a pandemia na Comunidade galega e iguala os datos da segunda máis elevada. En concreto, o día 3 de abril Sanidade informou de 27 falecementos.

O pasado 1 de abril o departamento autonómico informou de 36 mortes, tamén correspondentes a varios días após corroborar que se trataban de casos con covid, a cifra máis elevada de toda a crise sanitaria.

Destas 27 mortes, catro rexistráronse o venres. Tres deles estaban ingresados no Complexo Hospitalario de Santiago, dúas mulleres de 84 e 42 anos e un home de 84, mentres que outra muller (tamén de 84 anos de idade) faleceu na residencia integrada CEGADI (procedía de DomusVi de Ribeira).

O día 23, pola súa banda, faleceron catro mulleres de 89, 90, 74 e 58 anos, respectivamente, na DomusVi de Carballo, a residencia integrada Cegadi (procedía de DomusVi de Ribeira) e no Chuvi (as dúas últimas), respectivamente.

A xornada con máis casos foi a do domingo 24, con 16 falecidos, entre eles un home de 84 anos no Hospital de Verín e cinco acodes no CHUF: un home de 85 anos, outro de 94 anos, unha muller de 87 anos que procedía da residencia A miña Casa de Ferrol, un home de 83 e unha muller de 67 anos.

Tamén faleceu un home de de 68 anos no Hospital Quirón da Coruña, un de 89 anos no Chuvi, unha muller de 88 anos no Hospital Virxe da Xunqueira, unha muller de 88 e un home de 84 no CHUO, unha muller de 91 anos no HM-Modelo Belén da Coruña, un home de 95 anos no Hospital da Mariña, dous homes de 60 e 91 anos e unha muller de 76, este tres na residencia DomusVi de Carballo.

Finalmente este luns faleceron un home de 92 anos no Hospital de Monforte, unha muller de 78 na DomusVi de Carballo e outra de 83 anos no Chuac.