Segue sen novidade a busca dunha octoxenaria desaparecida dende o venres

Actualizado: martes, 18 noviembre 2014 19:54

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Efectivos de Guardia Civil, Protección Civil, familiares e veciños proseguen este martes a busca dunha muller de 82 anos de idade que permanece desaparecida dende a tarde do pasado venres, 14 de novembro, no termo municipal de Negreira (A Coruña).

   Fontes do dispositivo sinalaron este martes a Europa Press que o rastrexo continúa "sen novidade" polo momento. Segundo a última pista, foi vista sobre as 18,45 horas do venres na zona de Ceilán, polo que se ampliou o radio de busca en torno a ese área.

   Josefina Forján Caamaño, de 82 anos de idade e 1,52 metros de estatura, ten pelo curto liso castaño e ollos verdes. Cando foi vista por última vez vestía gabardina marrón longa, faldra azul mariño, xersei rosa de la, zapatillas deportivas negras e portaba un paraugas negro.

   Ademais, a muller leva lentes, cunha das lentes fragmentada; pendentes tipo colgante; e un cordón branco que porta ao pescozo coa chave da casa; así como un reloxo de pulseira dourado no pulso dereito.