O segundo premio deixa máis de dous millóns de euros en Galicia

Actualizado: lunes, 22 diciembre 2014 14:03

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Dic. (EUROPA PRESS) -

O segundo premio do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, o 92.845, deixou máis de dous millóns de euros repartidos en pequenas vendas en Galicia.

En concreto, o número --agraciado con 125.000 euros ao décimo-- foi vendido nas Pontes, Carballo, Vedra, Lugo, Becerreá, Cambados, A Estrada e Pontevedra. En cada unha destas localidades adquiriuse un único décimo.

A maiores, unha administración de Ponteareas (Pontevedra), vendeu catro décimos e en Cee adquiríronse dous, os mesmos que na Coruña e Vigo. En todas os casos os boletos foron vendidos a través de terminal e non en ventanilla.