Sobe lixeiramente a esperanza de vida dos galegos, por riba dos 82 anos

Muller maior facendo gimnsasia, mulleres maiores facendo ximnasia
EUROPA PRESS
Actualizado: martes, 12 diciembre 2017 15:06

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Dic. (EUROPA PRESS) -

A esperanza de vida dos galegos no momento do seu nacemento elevouse lixeiramente en 2016 con respecto ao exercicio anterior, ao pasar dunha estimación de 82,61 anos a 82,65.

Trátase, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), dunha esperanza de vida inferior á media do conxunto estatal, onde a cifra pasou de 82,69 anos en 2015 a 83,1 no exercicio anterior.

No detalle por sexos, en Galicia os homes viron caer a súa esperanza de vida en 2016, pois o dato pasou de 79,59 anos a 79,44. Con esta estimación, sitúanse tamén por baixo da media española, que prevé que os homes nados en 2016 vivan de media 80,31 anos.

En cambio, o dato das mulleres en Galicia atópase máis parello á estatística nacional, pois reflicte unha vida media de 85,83 anos. No caso galego, aumentou desde os 85,56 de 2015; mentres no estatal partía dos 85,4.

Por provincias, a maior esperanza de vida localízase en Ourense, até os 83,05 anos. Mentres a media das mulleres ourensás alcanza os 85,88 anos, a dos homes cae até os 80,22.