VIGO, 14 Nov. (EUROPA PRESS) -
A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede Vigo, suspendeu o xuízo contra o acusado de asasinar á moza enxeñeira Ana Enjamio, por defecto na tramitación da convocatoria dos candidatos a formar o tribunal de xurado.
Así o confirmaron fontes xurídicas da defensa, que explicaron que o defecto da tramitación afecta o cuestionario que os candidatos a xurado deben cumprimentar obrigatoriamente.
A vista contra César A. O. ía comezar este xoves e estaba sinalada até o próximo 22 de novembro. A nova data de celebración do xuízo fixouse o 9 de decembro.