O temporal deixa este venres en Galicia máis de 400 incidencias

Archivo - Arquivo - Ondas durante a fronte meteorolóxica, a 23 de febreiro de 2024, na Coruña
M. Dylan - Europa Press - Archivo
Publicado: jueves, 28 marzo 2024 19:58

   A borrasca Nelson deixa xeiras de vento de até 135 km/h

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Mar. (EUROPA PRESS) -

   A borrasca Nelson, que trouxo a Galicia choiva, vento e neve, deixou este venres na comunidade ao redor de 400 incidencias, segundo rexistrou o 112.

    En total, desde as 09.00 horas do xoves até as 18.00 horas do venres, o servizo rexistrou un total de 391 incidencias relacionadas cos episodios meteorolóxicos adversos que afectan á nosa comunidade.

   A caída de árbores e ramas nas estradas segue sendo a tipoloxía máis repetida (156), ademais da intervención dos servizos de emerxencias (58) por prevención de riscos, os incidentes relacionados con obxectos varios desprazados nas estradas (34) e, entre outras, as contabilizadas por mor dos cables de iluminación e de telefonía caído nas vías (29).

   Engaden tamén as relacionadas coa presenza de neve e xeo nas estradas (22). A maior parte destes incidentes debeuse ao aviso de particulares que informaban ao 112 de presenza de neve na estrada pola que circulaban.

   Por provincias, a peor parte levoulla a de Pontevedra (163), seguida a da Coruña (115), a de Lugo con (65) e a de Ourense con (40) incidentes rexistrados.

    En canto aos concellos máis afectados, destaca Vigo (16) e o da Cañiza (15) na provincia de Pontevedra, o concello de Santiago (7) e o de Melide (4).

    Na de Lugo, destaca o concello de Lugo con (10), o de Pedrafita do Cebreiro con (6), o de Folgoso do Courel con (4) e o de Becerreá con (5). Por último, na provincia de Ourense destaca o concello de Boborás con (4) incidentes e o de Ribadavia con (3) incidencias rexistradas.

   Sinalan tamén que ningunha das incidencias rexistradas no 112 Galicia revestiu gravidade.

XEIRAS DE 135 KM/H

   As estacións meteorolóxicas de Meteogalicia rexistraron na tarde deste venres xeiras de vento que superaron o 130 km/h.

   Concretamente, a máis forte notificouse en Carballeda de Valdeorras (Ourense), de 135.8 km/h, ás 16.10 horas. En Viveiro e en Muras (Lugo), as xeiras roldaron o 120 km/h.

    As precipitacións tamén caeron en abundancia en diversos puntos da comunidade como en Pedrafita do Cebreiro (Lugo), con 53.7 l/metro cadrado e en Muiños (Ourense), con 41.3 l/metro cadrado.