Unha saída de vía en Carral (A Coruña) sáldase con dúas persoas feridas, das que unha tivo que ser excarcerada

Publicado: sábado, 1 octubre 2022 20:30

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada ao saírse da vía o coche no que circulaban en Carral (A Coruña).

   Segundo informa o 112, os bombeiros de Arteixo interviñeron co material de excarceración para liberar a unha das persoas feridas. Por outra banda, a outra persona accidentada, que se atopaba accesible, sufriu feridas na cabeza e nun brazo.

   Após recibir os primeiros auxilios no lugar do sinistro, as dúas persoas ocupantes do vehículo foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia en ambulancia.

   Os feitos sucederon no punto quilométrico 15 da N-550, á altura da parroquia de Tabeaio.

   Ao fío das 16,45 horas, un particular contactaba co 112 Galicia para alertar do accidente. Segundo sinalaba na súa comunicación, había persoas atrapadas no vehículo a causa do impacto.

   O 112 puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arteixo, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.