Yolanda Díaz (EU) asegura que "repudia todo tipo de violencia", pero censura a "estratexia de uso partidista" do PP

Yolanda Díaz
EUROPA PRESS
Actualizado: jueves, 2 octubre 2014 12:57

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Oct. (EUROPA PRESS) -

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, asegurou que a súa formación e AGE "repudian todo tipo de violencia", pero censurou a "estratexia partidista" que, atribuíu, segue o PP a este respecto.

Preguntada na roda de prensa de presentación do congreso do Partico Comunista de Galicia (PCG) pola tardanza en condenar o atentado de Barralla (Lugo) e as críticas que suscitou este feito, Yolanda Díaz sinalou que "para algúns sectores AGE é pouco menos que terrorista" e que todo o que faga "vai ser cuestionado".

Deste xeito, dixo que hai un "debate bastante interesado" en torno a iso, e recalcou que EU manifesta "o repudio a calquera forma de violencia" en Galicia e no conxunto do Estado.

"Pero non somos e non compartimos a estratexia do PP de querer criminalizar de xeito frívolo de denominar terrorismo a calquera fórmula de protesta", advertiu, para engadir, a liña seguida, que o delegado do Goberno, Samuel Juárez, dixo dela e do deputado Xabier Ron lles chamou "terroristas" pola súa participación nas concentracións contra a visita da chanceler alemá, Angela Merkel. "É unha frivolidade que non se pode consentir a un alto cargo", xulgou.

Yolanda Díaz tamén considerou unha "frivolidade" que o delegado do Goberno responsabilizara a Resistencia Galega do "acontecido" nas marchas do 22-M en Madrid, e "o máis grave", agregou, é que "non rectifique".

Así as cousas, a dirixente de EU insistiu no "repudio" á "violencia", que "non fai máis que xerar violencia" e que ademais "se converte nun obstáculo para ser capaces de derrotar este réxime". "Pero tamén condena ao uso partidista e interesado que o PP quere facer en torno a todas as fórmulas de acción violenta", agregou.

"DISTINTA VARA DE MEDIR"

Neste contexto, a coordinadora de Esquerda Unida censurou a "dobre vara de medir" do PP, ao respecto do que ilustrou co caso do seu compañeiro Enrique Santiago, que no mitin de peche de campaña en Canarias foi "agredido fisicamente" por un "grupo fascista" en presenza dos corpos de seguridade e "non pasou absolutamente nada".

Ademais, tamén recordou as "denuncias" realizadas polo deputado de IU Alberto Garzón, que foi "ameazado de morte" por "grupos fascistas" e "aquí non pasa nada" e "non se escoita ao PP poñer o berro no ceo respecto destes feitos".

Así mesmo, recordou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, atribuíu AGE exercer a "maior violencia en 30 anos de democracia". "Eu creo que esas declaracións merecen unha rectificación e lamentablemente aínda non a temos", remachou.

Yolanda Díaz concluíu que as políticas do PP "matan e empobrecen" e "conducen á miseria". "E o PP é certo que precisa ter inimigos en torno a ese presunto terrorismo como está a facer, por exemplo, co que está a facer cos preferentistas, desafiuzados e as persoas que están a sufrir as súas consecuencias", remachou.