Rural.- Medio Rural concede 54 bolsas de prácticas a titulados en especialidades agrarias

Actualizado: viernes, 25 agosto 2006 18:06

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Ago. (EUROPA PRESS) -

A Consellaría de Medio Rural adxudicou un total de 54 bolsas de prácticas a titulados recentes en especialidades agrarias co obxectivo de que completen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.

As prácticas serán titoradas e se desenvolverán en empresas do sector agroalimentario e forestal e en unidades administrativas dependentes da Consellaría, informou hoxe a Xunta.

Os titulados recentes en enxeñería agronómica, enxeñería técnica agrícola, enxeñería de montes, enxeñería técnica forestal, veterinarios licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos poderán beneficiarse destas bolsas que permiten completar estudos cunha formación práctica

A esta convocatoria presentáronse 202 candidatos e 65 entidades entre as que se atopan ademais da propia Consellaría, empresas agroalimentarias tanto de transformación como de comercialización, asesorías técnicas, consellos reguladores e colexios profesionais das catro provincias.

Os beneficiarios seleccionados en función do seu expediente académico percibirán unha axuda de 700 euros por mes de prácticas realizado, e estarán cubertos cunha póliza de seguro de accidentes e asistencia sanitaria xeral durante a súa permanencia no destino escollido. O custo total da acción formativa é de 165.000 euros e a duración mínima das prácticas será de tres meses, prorrogábeis ata o mes decembro de 2006.