Adolfo Domínguez reforza a súa presenza en Arabia Saudí

Tienda De Adolfo Domínguez En Arabia Saudí
ADOLFO DOMÍNGUEZ
Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 12 marzo 2012 13:51

SANTIAGO/MADRID 12 Mar. (EUROPA PRESS) -

Adolfo Domínguez continúa coa súa expansión internacional coa inauguración dunha nova tenda na cidade de Riyadh, en Arabia Saudí, mercado no que xa conta con seis establecementos, segundo informou a compañía.

A nova tenda, aberta en réxime de franquía, ten unha superficie comercial de 177 metros cadrados nos grandes almacéns Panorama Mall.

Esta apertura, que se suma ás realizadas recentemente en China, Líbano, Paraguai e Qatar, reforza a presenza do grupo de moda en todo o mundo.

Segundo os últimos datos achegados pola compañía, Adolfo Domínguez contaba o peche de novembro cunha rede comercial de 713 establecementos, 237 no exterior.

Contenido patrocinado