SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Mar. (EUROPA PRESS) -
A conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, aspira a "crear una industria cultural galega forte e competitiva" para o cal considera que contribuirán as seis liñas de axuda para o sector escénico que este ano suman 1.510.000 euros.
Neste senso, salientou que os criterios de adxudicación para as subvencións á produción de espectáculos de teatro e danza inclúen a valoración da viabilidade económica dos proxectos, así como o nivel de emprego indefinido das empresas candidatas.
En rolda de prensa, no Día Internacional do Teatro, Bugallo explicou que a produción de espectáculos de teatro e danza contará con 785.000 euros, a distribución de espectáculos de teatro, danza e música con 240.000 euros e as dotacións e investimentos nos espazos da Rede Galega de Teatros e Auditorios con 120.000 euros.
A titular de Cultara subliñou que otra das novidades é a incorporación de tres novas liñas de axuda coa finalidade de mellorar as dotacións técnicas dos espazos escénicos de titularidade municipal integrados na Rede Galega de Teatros e Auditorios (120.000 euros), potenciar a actividade asociativa, universitaria e non profesional (220.000 euros) e fomentar o estudo e a investigación no ámbito das artes escénicas e musicais galegas (60.000 euros).
Asemade, potenciarase a cultura galega a través da especial valoración das producións baseadas en obras de autores desta comunidade, así como das que contribúan ao desenvolvemento de novas propostas dramatúrxicas ou escénicas.
PROXECCION EXTERIOR
No caso das axudas á distribución, que contan cun investimento de 240.000 euros, o principal obxectivo é favorecer a proxeción exterior das artes escénicas e musicais galegas. Por primeira vez teranse en consideración os espectáculos musicais no referente á presenza en feiras e outras plataformas de exhibición que se celebren en España.
Pola súa banda, Celso Parada, de 'Escena galega' que agrupa 27 compañías, denunciou que a cultura galega "aínda ten certos grados de marxinalidade" e apostou pola "normalización da profesión e a estabilidade laboral dos actores".
Isabel Rey, en representación das compañías de títeres, amosoua a súa "ilusión" para seguir debatendo co fin de que os actores que traballan con monicreques "deixen de ser o irmán pobre", pois lembrou que chegan a moitos públicos e crean novos adeptos.