Ánxela Bugallo participa hoxe na inauguración dunha alemeda adicada a Castelao en Sant Andreu de la Barca (Barcelona)

Actualizado: domingo, 2 julio 2006 12:18

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Jul. (EUROPA PRESS) -

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, asistirá este domingo á inauguración dunha alameda dedicada a Castelao na vila catalá de Sant Andreu de la Barca. Xunto á conselleira tamén asistirán Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo e a concelleira de cultura de Santiago, Teresa García-Sabell, e o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro.

A alameda contará con monolitos de pedra que recollen diversos debuxos e textos do artista e político galeguista. A Consellería de Cultura colaborou co concello de Sant Andreu de la Barca para dedicar esta alameda a Castelao, así como na programación cultural galega da fin de semana.

Por outra banda, onte a tarde inagurouse unha exposición de debuxos de Castelo na Biblioteca do Centre Cultural Aigüestoses e o domingo ás 10.30 horas haberá unha actuación de gaitas, de xigantes e de castellers.

O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, entrevistouse con representantes do concello durante a súa visita a Cataluña en decembro para abordar a realización de actividades culturais galegas e a colaboración nesta alameda. Sant Andreu de la Barca xa posúe desde hai varios anos un parque dedicado a Rosalía de Castro.