O Arquivo do Reino de Galicia inaugura hoxe a exposición "A subversión da realidade"

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 14 marzo 2006 11:17

A CORUÑA 14 Mar. (EUROPA PRESS) -

O Arquivo do Reino de Galicia inaugurará hoxe, ás oito do serán, a exposición "A subversión da realidade", nun acto que estará presidido polo director xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte, Felipe Arias.

O acto contará tamén coa presencia da delegada provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Milagros Lantes; o director do Arquivo, Gabriel Quiroga, e o comisario da exposición, Alejandro Castellote.

Producida pola Subdirección Xeral das Belas Artes do Ministerio de Cultura, a mostra reúne 43 obras de cinco fotógrafos contemporáneos españois: Isabel Flores, Aitor Ortiz, Angel Marcos, Vari Caramés e Marti Llorens.

A Coruña constitúe a derradeira etapa desta exposición, que iniciou en Madrid en outubro de 2001 un longo percorrido internacional. Entre outros lugares, a mostra estivo en Alemaña, China, Valladolid, México, Xixón, Estados Unidos, Colombia, Tarragona e Vitoria. A exposición estará aberta ata o 28 de abril.

Contenido patrocinado