A Axencia Provincial da Enerxía da Deputación da Coruña constituirase en xuño

Actualizado: jueves, 16 febrero 2006 17:59

A CORUÑA, 16 Feb. (EUROPA PRESS) -

O deputado provincial do BNG Pablo Villamar, responsable da área de Promoción Económica, Emprego e Turismo na Deputación de A Coruña, confirmou hoxe, ao seu regreso de Bruxelas (Bélxica), que a Axencia Provincial da Enerxía será unha realidade no vindeiro mes de xuño.

Villamar mantivo durante catro días reunións na capital comunitaria para a posta en marcha deste proxecto, que pretende afondar na implantación das enerxías renovábeis e a eficiencia enerxética. Entre outros, mantivo entrevistas con Julián Pérez, o responsábel do Programa Operativo para Galicia, e co seu antecesor neste mesmo cargo, Jordi Torrevadella.

A Axencia Provincial da Enerxía, que terá a forma xurídica dunha fundación, contará para a súa posta en marcha con fondos europeos, e con socios transnacionais (un polaco, outro finlandés e un terceiro búlgaro).

Na provincia da A Coruña, os patróns fundadores serán a Deputación coruñesa, os Concellos de As Pontes e Cerceda, A Xunta, Caixa Galicia e Caixanova, as universidades da Coruña e Santiago de Compostela e Unión Fenosa, entre outros.

O orzamento deste proxecto ascende a uns 600.000 euros para tres anos, dos que un tercio procederán de fondos europeos, e o resto será achega dos patronos da Fundación.

Nun comuniado, o deputado provincial asegura que entre as súas funciónes estará incentivar o uso racional da enerxía, dos recursos locais e das fontes renovábeis en sectores como a produción de bens e servizos, a administración pública e o sector doméstico.