Baiona (Pontevedra) acollerá o sábado o fallo do V Premio de Tradución 'Plácido Castro', dotado con 3.000 euros

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 16 enero 2006 12:52

SANTIAGO DE COMPOSTELA 16 Ene. (EUROPA PRESS) -

A localidade pontevedresa de Baiona (Pontevedra) acollerá este sábado a reunión do xurado que debe fallar o IV Premio de Tradución 'Plácido Castro', destinado a promover o uso do galego no pensamento científico e que está dotado con 3.000 euros.

O xurado desta edición está integrado por Xosé María Gómez Clemente, da Asociación de Traductores Galegos; Xulián Maure, da Fundación Plácido Castro; Francisco Fernández Rei, da Real Academia Galega; Auria Fernández Rodríguez, da Universidade de Vigo; Carlos Vila, da Xunta de Galicia; e como secretari actuará María del Mar Gómez, do IGADI.

O Premio de Tradución 'Plácido Castro' é o único desta naturaleza existente en Galicia. A súa convocatoria, xestionada polo IGADI, faise a instancias da Fundación Plácido Castro, unha entidade con sede en Baiona e que reivindica esta figura como expresión mais cabal da contemporaneidade do universalismo galego.

Segundo os promotores, este galadón "quere servir de estimulo para a incorporación ao galego non soamente das grandes obras da literatura universal, senón tamén do pensamento científico a todos os niveis, de xeito que se poida dispoñer na nosa lingua dos mais avanzados e sobresaíntes textos que forman parte do patrimonio da humanidade". Para facilitar o acceso, a Asociación de Tradutores Galegos, instala todas as obras traducidas ná súa Biblioteca Virtual, que pode consultarse en www.bivir.com.

Ademais dun primeiro premio, o fallo significará dous finalistas. O premio entregarase o próximo día 28 de xaneiro en Cambados. Nas anteriores edicións o galardón recaeu nos traballos de Lois Tobío e Valentín Arias; Xesús Riveiro Costa; Enma Lázare; Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia. Varias das obras premiadas, inéditas, foron obxecto de atención e xa figuran nos catálogos de varias empresas editoras.

Contenido patrocinado