Bombeiros dos parques comarcais da provincia da Coruña se concentran para esixir mellorais laborais e salariais

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 7 marzo 2006 18:42

A CORUÑA 7 Mar. (EUROPA PRESS) -

Casi un cento de traballadores dos sete Parques Comarcais de Bombeiros da provincia da Coruña, pertencentes a Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Carballo, Ordes e Ribeira, concentraronse hoxe ante a sede da empresa Veicar S.L. --entidade que xestiona este servicio público-- en demanda de mellorais laborais e salariais na negociación do convencio colectivo. Este convenio afecta a uns 130 traballadores.

A protesta tivo lugar ante a sede de Veicar en O Carballo, no municipio coruñés de Oleiros, e forma parte do calendario de mobilizacións que aprobou o comité de empresa ante as diferencias "insalvables", segundo os representantes sindicais, coa dirección da empresa en cuestións que afectan ao horario de traballo, as retribucións e a formación.

No caso do horario de traballo, o comité argumenta que estes parques, abertos as 24 horas durante todos os días do ano, contan cun cuadrante horario para as quendas de traballo no que non figura a posibilidade de ter máis de sete dias seguidos de vacacións.

En canto as retribucións, os sindicatos sinalan que o salario neto dun bombeiro é de 800 euros e que algúns traballadores non chegan a esta cuantía. Asemade, denuncian que teñen que costear os cursos de formación por falta de accións formativas por parte da empresa, sen que este tempo compute no seu horario de traballo.

NOVAS PROTESTAS

As protestas, que consistirán en concentracións, continuarán o xoves, día 9, no parque de Ribeira, e o vindeiro 15 de marzo no parque de Arzúa. As mobilizacións faranse tamén o 22 de marzo no Parque de Betanzos e 29 de marzo de novo ante a sede de Veicar.

O presidente do comité de empresa, Pablo Cortés, reclamou hoxe a mediación da Deputación da Coruña no conflicto, por ser o organismo que sustenta o funcionamento destes parques comarcais. Ademáis, para o mes de abril os sindicatos teñen previsto a convocatoria de xornadas de folga.

Contenido patrocinado