O Castelo de Soutomaior (Pontevedra) acollerá esta semana a visita dunhas 100 persoas en tres actividades programadas

Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 30 abril 2006 19:57

PONTEVEDRA 30 Abr. (EUROPA PRESS) -

O Castelo de Soutomaior, na provincia pontevedresa, recibirá durante a vindeira semana a máis de 100 persoas repartidas entre as tres visitas programadas, a de alumnos do Instituto Fermín Bouza Brey de Vilagarcía, os da Facultade de Belas Artes e os alumnos do cursos de xardinería que ven impartindo a Asociación de Diminuídos Físico y Psíquicos e o Colexio Escravas da Dolorosa de Petelos, en Mos.

Segundo detallou a Deputación de Pontevedra, os primeiros en visitar o Castelo de Soutomaior serán os máis de 50 escolares que cursan segundo da ESO no IES Fermín Bouza Brey, que visitarán o complexo pola tarde acompañado de tres profesores.

O mércores, entre 15 e 20 alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra visitarán o Castelo de Soutomaior para realizar unha clase algo especial. Durante a visita o castelo, os alumnos aproveitarán para realizar apuntamentos a acuarela das diferentes partes do edificio e dos seus xardíns. Esta práctica promovida pola mestra Rosa Elvira Caamaño, xa celebrouse nos últimos anos.

Por último, o venres, o castelo recibirá as 30 persoas que están a realizar un curso de xardinería promovido pola Concellería de Asuntos Sociais de Mos e que se ven impartindo a Asociación de Diminuídos Físico e Psíquicos e o Colexio Esclavas da Dolorosa de Petelos.

VODAS

Por outra banda, cabe lembrar que o Castelo de Soutomaior é o espazo de Galicia preferido para a celebración de vodas. Entre xoves e sábados estanse a celebrar vodas no complexo durante todo o ano, cunha media de entre 18 e 20 enlaces ao mes. Ademais, moitas parellas escollen o Castelo de Soutomaior e os seus xardíns para realizar alí os seus reportaxes fotográficos de vodas, pero tamén os de comunións e outro tipo de celebracións, o que supón ata 30 reportaxes ó mes. Exposicións

O pintor Francisco Sánchez-Ulloa Villar mostrará a súa obra no Castelo de Soutomaior entre os días 12 e 28 do mes de maio. Os seus cadros realistas e figurativos, principalmente acuarelas aínda que tamén fixo incursións no óleo e no pastel, amosan paisaxes, esceas mariñas, urbanas pero tamén figuras humanas.

Despois e ata o verán, haberá outras tres exposicións. Entre o 9 e o 25 de xuño, a artista Carita Dubrovin Sanostrom, asentada no Concello de Teo, mostrará a súa novidosa obra que destaca pola utilización de diversos tipos de tecidos.

A Deputación de Pontevedra engadiu que, durante o verán haberá dúas novas exposicións de pintores no Castelo, a primeira, entre os días 7 e 23 de xullo, será a do pintor ourensán Anselmo Iglesias Diéguez. Un pintor, que fixo incursións na escultura, e que destaca polo dominio da pintura abstracta acrílica sobra tela e a combinación de cores cálidos como o amarela, o laranxa e o vermello.

En agosto, concretamente entre os días 11 e 27, José Cid Doiro, coñecido como "Cidoiro", un pintor de longa traxectoria durante a que se atreveu con todo tipo de temáticas, as paisaxes galegas, os bodegóns pero tamén os retratos.

Contenido patrocinado