O CCG propón a creación dunha Lei de Arquivos que permita a coordinación dos documentos da Administración pública

Actualizado: viernes, 28 julio 2006 16:28

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Jul. (EUROPA PRESS) -

O Consello da Cultura Galega (CCG) proprorá a creación dunha Lei de Arquivos e unha comisión técnica que coordine os documentos xerados pola Administración pública galega, que se recopilarán no Arquivo Nacional de Galicia, queesta entidade prevé por en marcha.

O pleno do CCG someteu a debate o Informe sobre o Arquivo Nacional de Galicia, que foi aprobado por unanimidade onte por consideralo "cabeceira do sistema arquivístico galego", sinalou hoxe o presidente do CCG, Ramón Villares. Do mesmo xeito, debateuse o informe sobre a biblioteca e hemeroteca que se ubicará nun dos edificios da Cidade da Cultura en Santiago.

Ademáis, nesta reunión dos menbros do CCG aprobouse, tamén por unanimidade, unha declaración institucional de "solidaridade e adhesión" á persoa de Isaac Díaz Pardo, dada a "dolorosa situación" do artista galego, manifestou Villares, que subliñou o "importante" labor do fundador de Sargadelos na creación da identidade galega, na "restauración da memoria" e na "cura das cicatrices do exilio".

Por outra banda, o consello anunciou un xiro nas súas políticas de comunicación impulsando a creación de documentos de traballo técnico e a realización de máis foros de debate. Ademáis, prevén un calendario de actividades para 2008 que conmemore o 25 aniversario da entidade galega.

Asimesmo, Villares anunciou o nomeamento como vicepresidente do CCG do profesor Francisco Díaz Fierros, e como cordinador da sección de Cultura Galega no Exterior a Ramón Máiz Suárez. Para a realización destas actividade, o consello contará cun orzamento total de 3,1 millóns de euros.