O Concello de Culleredo (A Coruña) renovou o certificado de calidade na administración de Aenor

Actualizado: lunes, 14 agosto 2006 21:43

A CORUÑA, 14 Ago. (EUROPA PRESS) -

A área de Formación e Emprego do Concello de Culleredo (A Coruña) renovou o certificado de empresa do sistema de calidade de Aenor verificando así a validez do mesmo e o compromiso adquirido durante estos catro últimos anos coa calidade e o medio ambiente.

Según sinalou o concelleiro de Formación, Emprego, Promoción Económica , Desenvolvemento Local e Turismo, Narciso Marzoa, estos catro anos de experiencia supuxeron unha gran mellora no funcionamento da concellaría xa que tódalas actividades que se desenvolven están sometidas a procesos de avaliación, tanto a través dunha serie de indicadores, como a través de enquisas que permiten medir o grado de satisfacción do cidadán.

A análise de todos estos datos "obriga a axustarse permanentemente respecto das exixencias dos usuarios" e a "marcarse, continuamente, obxectivos, o que permite ir mellorando, continuamente, a súa sistemática de traballo.

O goberno local lembrou que dende hai uns anos observaron a posibilidade de desenvolver as súas tarefas e xestionar os seus recursos dun xeito máis eficaz e comprendeu a necesidade de satisfacer as expectativas dos seus cidadáns.

Por iso, apostou pola calidade na administración como un elemento diferenciador o que os lecou a iniciar no 2002 un proceso de transformación da cultura da organización, mediante a implantación dun sistema integrado de xestión da calidade e medio ambiente basado nas normas ISO 9001 e ISO 14001.