O Concello de Pontevedra organiza hoxe a Feira e Festa das Cabazas

Actualizado: sábado, 25 marzo 2006 11:22

PONTEVEDRA 25, (EUROPA PRESS)

O Concello de Pontevedra celebra hoxe sábado, 25 de marzo, unha nova edición da 'Feira e Festa das Cabazas', que se complementa cun programa de actividades que se desenvolverán na praza de Curros Enríquez en horario matinal.

Os actos comezarán a partir das 10.30 da mañá coa instalación dos postos de venda de cabazas e continuarán a partir das 11.30 coa realización de obradoiros de decoración, cestería ou velas. As cabazas decoradas repartiranse polos establecementos da cidade para contribuir á ambientación dos locais comerciais e hosteleiros do centro histórico.

Durante a mañá tamén haberá actuacións musicais cos grupos 'Bico da Balouta' e 'Lerenses', de Agolada e Pontevedra, respectivamente. Asimismo, haberá degustacións de polbo, filloas de Valongo, caldo e empanada de cabazas.

O obxetivo desta festa é recuperar unha tradición que se forxou en Pontevedra hai máis dun século. A feira celebrábase antigamente na praza da Virxe do Camiño.