O Concello de Pontevedra presenta hoxe a campaña con motivo do Día da Muller Traballadora

Actualizado: lunes, 6 marzo 2006 10:42

PONTEVEDRA, 6 Mar. (EUROPA PRESS) -

A concelleira de Servizos Sociais de Pontevedra, Margarita Castejón, presentará hoxe a campaña que se porá en marcha con motivo do próximo 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora. Castejón avanzou que a campaña deste ano "sigue na líña da corresponsabilidade".

A edil socialista considera que "non está lonxe" unha situación "na que homes e mulleres compartamos responsabilidades na vida". Por iso, a área de Servizos Sociais de Pontevedra apostará un ano máis pola "igualdade e corresponsabilidade en obtener recursos para a familia", fronte á conciliación do traballo doméstico e do traballo fóra da casa por parte das mulleres.

O programa de actividades impulsado dende o Concello de Pontevedra comezará mañá cun obradoiro de autoestima para mulleres que se celebrará no Pazo da Cultura, organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade. Ese mesmo día na Galería Sargadelos impartirase unha conferencia sobre "Liderado, autoestima e identidade de xénero", a cargo de Evangelina García Prince.

Así mesmo, a Asamblea de Mulleres de Pontevedra instalará bandeiras en estatuas da cidade como a Fonte dos Nenos na Praza de Compostela, o monumento á Muller do Emigrante na Avenida das Corbaceiras e no monumento aos Heroes de Pontesampaio na praza de España.

MÉRCORES

Ao día seguinte celebraranse as actividades principais, que comezarán ao mediodía na colocación de pancartas e bandeiras na confluencia das rúas Daniel de la Sota, Peregrina e García Camba, coñecida popularmente como Praza 8 de Marzo. Nese mesmo punto a partir das 17.00 horas a Marcha Mundial das Mulleres realizará diversos obradoiros e ás 20.30 horas darase lectura a un manifesto.

Os actos rematarán cun espectáculo de teatro no Teatro Principal de Pontevedra, a cargo da compañía de cómicas galegas 'Cabaret', organizado pola Concellería de Cultura e Deporte. Asimismo, os días 7 e 8 a Secretaría Xeral da Igualdade instalará diante do Concello o chamado 'Bus Violeta".

Ademais, os clubes de baloncesto feminino Arxil Comervía e Caixa Rural de Verona, de Zamora, xogarán un partido o vindeiro día 11 de marzo no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Instalarase unha pancarta co lema "O basket tamén é noso. Xoga. Mételle un triplo á igualdade" e durante o encontro lerase un manifesto.

Entre os días 9 e 29 de marzo na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra tamén se realizarán proxeccións de películas dirixidas por mulleres, como Mercedes Álvarez, Sandra Gugliotta, Carine Adler e Isabel Coixet. E finalmente o 17 de marzo celebrarase no Café Moderno a segunda edición de "Coa túa Palabra: a palabra e a música pola igualdade", que consistirá na lectura de textos reivindicativos.