O Concello de Santiago revisa as peticións de vivendas de promoción público e prepara a lista dos cen beneficiarios

Actualizado: lunes, 23 enero 2006 17:48

O listado definitivo de beneficiados poderá coñecerse a partir do 30 de xaneiro

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Concello de Santiago de Compostela, a través da Comisión Especial de Vivenda, iniciou hoxe os traballos para axudicar cen vivendas de promoción pública, entre un total de 931 solicitudes admitidas. A Comisión Especial manterá unha nova xuntanza o 30 de xaneiro, unha vez revisados os expedientes da lista provisoria dos cen posibles adxudicatarios doutras tantas vivendas de promoción pública, tanto en réxime de aluguer como en réxime de propiedade.

Segundo o Concello, nesa data o Comisión podería dar por definitivo o listado que, con carácter provisorio, pasaría a exposición pública durante o prazo dun mes para presentación de alegacións e/ou reclamación,

Unha vez informadas polo propio Concello de Santiago estas reclamacións, o expediente completo --coa totalidade das 1.566 solicitudes presentadas-- será remitido á Comisión provincial de vivenda que resolverá tamén as posibles reclamacións e confeccionará o listado definitivo. Destas 1.566 solicitudes iniciais, 635 (un 41%) foron excluídas por incumprimento dalgún dos requisitos requeridos, sendo admitidas 931 (59%).

As cen vivendas de promoción pública ás que optan os solicitantes conforme aos criterios estipulados no Decreto 257/2004 están ubicadas en Volta de Castro (30 vivendas, dúas delas especificamente para minusválidos), Ponte Pereda (25 vivendas), O Avío (24) e As Cancelas (21).

PERFIL DOS ASPIRANTES

Do análise das características deste listado provisorio dos cen posibles adxudicatarios despréndese que o seu perfil corresponde ao dunha familia formada por catro membros, de nacionalidade española e con máis de dez anos de residencia no municipio de Santiago, onde o matrimonio ten entre 36 e 50 anos de idade e os fillos son menores de 25 anos.

Outros rasgos deste perfíl apuntan a unha situación económica precaria (con menos de 9.475 euros de ingreso ao ano) e na que algún dos membros ten acreditado certificado de minusvalía ou enfermidade crónica.

Segundo indicou a concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, a maior parte dos cen pisos serán en réxime de aluguer (máis dun 80%) por mor de que a maior parte dos centenar de cidadáns que forman parte do listado provisorio presentan rendas por baixo de 1,5 veces o salario mínimo inteprofesional.

Segundo sinala este análise, realizado pola Oficina de vivenda de promoción pública do Concello, a necesidade de vivenda nestas familias resulta evidente posto que na súa maior parte cumpren catro dos conceptos puntuables de necesidade de vivenda, sendo o criterio máis maioritariamente cumprido o de superficie insuficente por convivencia de dúas unidades familiares e o de carencia de espazo suficente para aloxar separadamente aos membros da unidade familiar, excepto ao matrimonio.

PREZOS

A expensas das posibles variacións que se poidan producir ata o momento da entrega das vivendas, o prezo actual dunha vivenda deste tipo oscilaría, no caso da superficie máxima de 90 metros cadrados, con garaxe e trasteiro, entre os 62.000 e os 44.000 euros, segundo que o nivel de renda do adxudicatario sexa, respectivamente, o máis alto ou o maís baixo do contemplado na normativa. Este prezo físaxe en función tanto do número de metros cadrados de superficie como dos ingresos do adxudicatario.

Para o caso dunha vivenda de 50 metros cadrados os prezos oscilarían entre 35.000 e 25.000 euros, sempre considerando cifras estimativas que serían definitivas unha vez outorgada a cualificacióin definitiva ás vivendas.

Os alugueres destas vivendas oscilarían entre os 195 (para renda máxima) e 78 euros mensuais (para rendas mínimas) no caso das vivendas de 90 metros cadrados e, no caso das vivendas de 50 metros cadrados, entre 109 e 44 euros mensuais.