O Consello da Cultura Galega presenta hoxe 'Loia', unha guía en rede para difundi-lo galego

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 27 julio 2006 11:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA 27 Jul. (EUROPA PRESS) -

O Consello da Cultura Galega (CCG) presenta hoxe o sitio web 'Loia', unha guía en rede que pretende poñer ao alcance dos internautas interesados polo idioma galego un manual de referenza básica.

O obxectivo da iniciativa é presentar de forma interactiva en galego, castelán e inglés os elementos fundamentais para iniciarse no coñecemento do idioma, da súa singradura histórica, da súa produción cultural, da súa realidade social e das súas perspectivas de futuro.

No acto de presentación participarán a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón; a secretaria xeral de Política Lingüística, María Sol López Martínez; o secretario do CCG e responsable da súa Sección de Lingua e do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, Henrique Monteagudo; e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.

Contenido patrocinado