O Consello Social da USC aborda hoxe a aprobación das propostas de programas oficiais de posgrado para o curso 2006-07

Actualizado: martes, 31 enero 2006 10:39

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebra hoxe martes a súa primeira xuntanza do ano 2006 nunha sesión, que comenzará a partir das 17.00 horas na sede da institución, na que se abordará a aprobación das propostas dunha veintena de programas oficiais de posgrado para o vindeiro curso.

Con anterioridade ao inicio desta xuntanza, o reitor da USC, Senén Barro, imporalle a Insignia de Ouro da USC a ex presidenta do Consello Social da Universidade, Manuela López Besteiro, en recoñecemento ao labor desenvolvido ao fronte deste órgano universitario durante a súa presidencia.

Entre os puntos da orde do día, o Pleno tratará a aprobación das propostas de programas oficiais de posgrao para impartir no curso 2006-2007, a creación dun Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións informáticas de xestión universitaria, e a supervisión de crédito extraordinario para a amplicación de capital de Unixest mediante a achega de patentes Advancell.

Na xuntanza tratarase ademais as taxas dos cursos de posgrao, a aprobación de aceptación de doazóns de bens ou a corrección de tarifas por servizos universitarios. A orde do día se completa co punto relativo á aprobación da memoria abreviada correspondente ao exercicio rematado a 31 de decembro de 2004 de Unixest.