O Consello Social da USC aborda mañá o proxecto de decreto para fixar os prezos dos estudios de títulos oficiais

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 12 julio 2006 20:02

SANTIAGO DE COMPOSTELA 12 Jul. (EUROPA PRESS) -

O pleno do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebra mañá xoves unha xuntanza para tratar, entre outros temas, o proxecto de Decreto polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2006-2007.

A reunión, que se vai celebrar a partir das 17.00 horas na Casa da Concha, abordará ademais a aprobación da proposta da Comisión de supervisión de actividades universitarias e relativa á actividade do Consello Social sobre a distribución de 114 bolsas de colaboración para o vindeiro curso destinadas a iniciar nas tarefas de investigación aos alumnos do último curso de segundo ciclo que presten a súa colaboración en réxime de compatibilidade cos seu estudos nun departamento.

Outros puntos incluídos na orde do día desta xuntanza son a aprobación de taxas de Cursos de Posgrao, a corrección de erros sobre o acordo da ampliación de capital da Sociedade de Intereses da USC Unixest, a aprobación da incorporación ao orzamento de 2006 dos remanentes de créditos existentes e a corrección de erros da convocatoria de prazas do SUR para universitarios e persoas que vaian participar nas actividades de verán da USC.

Contenido patrocinado