Un corte no suministro eléctrico afecta ás emisións da CRTVG

Actualizado: lunes, 17 julio 2006 22:43

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Televisión de Galicia sufriu hoxe, ao mediodía, varias interrupcións do servizo eléctrico que provocaron problemas puntuais nas emisións regulares da programación da TVG e nos sistemas informáticos e electrónicos de San Marcos.

Estes cortes no fluído eléctrico, producidos no entorno das 14.00 horas e non resoltos ata as 18,00 horas, provocaron alteracións nalgúns programas informativos e da sobremesa, tanto na TVG coma na Radio Galega, así como tamén nas instalacións centrais da CRTVG que puideron ser parcialmente solventados grazas ao bo facer dos profesionais da CRTVG e as súas sociedades.

Nun comunicado, a CRTVG indicou que a compañía eléctrica Unión Fenosa arranxe as avarías sufridas na subestación de San Caetano que subministra a enerxía eléctrica as instalacións de San Marcos, para resolver definitivamente todos os problemas derivados destes cortes.