Cultura entrega 200 libros á nova bibloteca da Asociación Veciñal de Cacheiras, en Teo (A Coruña)

Actualizado: sábado, 29 abril 2006 13:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Abr. (EUROPA PRESS) -

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, fixo entrega hoxe dun lote de 200 libros á biblioteca que a Asociación Veciñal Raviña Valdés de San Simón de Ons de Cacheiras, no municipio de Teo (A Coruña).

Ánxela Bugallo participou hoxe na inauguración desta biblioteca que abrirá na escola de Raxó. O acto, ao que foi convidada a conselleira, comezou cunha actuación do grupo de pandeireteiras da asociación cultural Rosalía de Castro e, posteriormente, a responsable autonómica visitou a biblioteca onde fixo entrega dun lote de libros para a mesma.

Estes libros forman parte dos case dous millóns de libros que a Xunta de Galiza mantiña almacenados e que progresivamente serán repartidos, unha vez remate o traballo de inventariado dos fondos, entre colectivos culturais, asociacións veciñais, bibliotecas, etc.

O lote entregado á Asociación Raviña Valdés forma parte dunha primeira achega realizada a petición expresa dalgúns. Os libros entregados pola Consellería de Cultura súmanse a outros doados por particulares, editoriais e aos propios fondos da asociación.

Posteriormente, Ánxela Bugallo fixo a entrega simbólica de carnés da biblioteca a catros mozos e mozas que colaboran activamente no traballo de organización e atención da biblioteca e outros catro carnés de honra a outros tantos veciños e veciñas que doaron libros propios. Os actos remataron cu espectáculo da contacontos Loca-Motora.