A Deputación de Pontevedra aproba o proxecto modificado da estarada Pontecaldelas-Borela

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 20 enero 2006 17:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA 20 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Deputación aprobou hoxe en o proxecto modificado de mellora do trazado e rodadura da estrada provincial 0407 no seu paso entre Pontecaldelas e Borela. Este proxecto modificado eleva o importe necesario para acometer a reforma ós 436.172,34 euros.

O servizo de Vías e Obras redactou o proxecto modificado que correxiu os radios de curvatura en determinados tramos, para garantir unha maior seguridade na condución, e incrementou o ancho do pavimento asfáltico ata os sete metros.

Nun comunicado, este organismo sinalou que estas variacións no proxecto supoñen un aumento no custe de adxudicación da obra de 72.695 euros. Unhas obras que xa foran adxudicadas en novembro de 2004 a empresa Construccións, Obras e Viais, S.A por unha cantidade de 363.476,95 euros.

O proxecto inicial de mellora desta estrada, que foi financiado con cargo a remanentes do Programa Operativo Local (POL) do ano 2004 incluíu un ensanche da explanación dende o quilómetro 1,1 ó 4,3 coa finalidade de lograr un ancho de firme de seis metros, formación de paseos de un metro e cunetas. No plan de obra se incluía ademais a construción de muros de contención, melloras de drenaxe con pasos salvacunetas, canalizacións, sumidoiros e encauzamento de augas pluviais.

Contenido patrocinado