Directores e realizadores galegos presentarán o 21 de marzo un catálogo audiovisual e interactivo do sector

Actualizado: lunes, 13 marzo 2006 17:56

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA) presenta o martes 21 de marzo no Centro MANS da Coruña o DVD 'CREA 2006', un catálogo audiovisual e interactivo no que aparecen a maioría de directores-realizadores de Galicia --43 dos 45 asociados--.

Nun comunicado, esta asociación sinalou que este DVD ofrece información completa sobre as traxectorias destes 43 realizadores e directores galegos: biografía, filmografía, formación, premios e recoñecementos. Ademáis, posúe máis de dúas horas de video con fragmentos das súas obras máis representativas e material gráfico con fotos de rodaxes, fotogramas e carteis.

Este DVD, que servirá tamén para a presentación en sociedade da Asociación, ten como obxectivo informar, divulgar e promocionar públicamente o sector audiovisual --directores e realizadores-- do país.