SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 Mar. (EUROPA PRESS) -
O dramaturgo e ensaísta Euloxio Rodríguez Ruibal, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación, incorporarase á Real Academia Galega como académico de número nunha cerimonia que terá hoxe no Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela.
No acto, Rodríguez Ruibal intervirá co discurso de ingreso 'Do escénico e o fílmico'. Notas sobre a linguaxe teatral no cinema contemporáneo' e, en nome da Academia, responderá Xosé Luís Axeitos Agrelo. Con esta incorporación, os profesores da USC ocupan xa máis dun terzo das cadeiras da RAG.
O próximo académico é fundador e director da galería de arte Citania e codirector da revista de estudos artísticos e literarios do mesmo nome, Rodríguez Ruibal e doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola USC. O novo académico é ademais membro do Consello Asesor da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ex presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e membro do Centro de Estudos Fílmicos da Universidade de Santiago.
Asemade, é autor de diversas obras, tanto teatrais como de narrativa e ensaio, polas que obtivo os premios Abrente (1973 e 1975), Álvaro Cunqueiro (1989) e Valle-Inclán (2005). Coa súa incorporación á Real Academia Galega, Euloxio Rodríguez convértese no único membro da actual corporación pertencente ao mundo do teatro, onde ocupará a cadeira do historiador Antonio Meixide Pardo.