SANTIAGO DE COMPOSTELA 14 Mar. (EUROPA PRESS) -
Galaxia pon en marcha a súa nova páxina web, que estará a disposición dos usuariarios a partir de mañá, coa intención de que este recurso se convirta "nun lugar de información, intercambio e comunicación cos lectores". Asemade, ofrecerá a opción de compra, a través da tenda virtual ou de librerías colaboradoras.
A web (www.editorialgalaxia.es), que foi realizada polo grupo de comunicación Acordar, plantéxase como "un espazo de cultura e coñecemento". Para isto a editorial propón ao usuario unha páxina estructurada en seis eixos.
O lector pode atopar a historia da editorial, o primeiro de administración, as primeiras publicacións, a creación das Fundacións Penzol, Otero Pedrayo e Isla Couto, que nacen pegadas a Galaxia, a historia da Revista Grial e outras cuestións.
Un segundo pilar sería o espazo que leva por nome 'Unha Cultura no mundo', un percorrido rápido por Galicia, pola súa historia, o galego-portugués, as irmandades da fala, o rexurdimento, a Xeración Nós, e as institucións da lingua galega, entre outros asuntos. Segundo Galaxia, estes dous eixos veñen a conformar a parte informativa e polo tanto máis estática da páxina.
Un catálogo de autores e de obras con fotografías, cubertas, fichas de libros e pequenas sinopses dos títulos veñen a conformar a parte central do sitio Galaxia. O lector atopará tamén o espazo Grial, co último número sempre en portada, podénse descargar os sumarios e algún artigo que a editorial porá a disposición do ususrio.
Asemade, haberá unha zona que a editorial adica as novidades e ao contacto máis directo cos lectores. Aquí atoparase unha sala de prensa con artigos de opinión e noticias que Galaxia xenera, recomendacións de autores, lectores, libreiros, anacos de obras e o correo do lector.
Tamén aparecerá un espazo adicado ás exposicións que Galaxia ven realizando desde hai uns meses, en concreto, nesta ocasión poderase acceder a '50 anos con Merlín e familia' e a 'Travesías terra de navegantes', fotografías e información arredor destas propostas.
A editorial ofrece tamén a posibilidade de merca, a través de calquera zona da web o usuario ten acceso directo á zona de tenda. Galaxia permite mercar os seus libros a lectores de todo o mundo, no caso do galegos redirixirase o pedimeto preferentemente as librerías. A editorial colabora así coas librerías máis importantes de Galicia, da que expoñemos os seus datos na rede. Desde este espazo de Galaxia como distribuidora, o cliente pode consultar as súas facturas, albarás, depósitos e ten acceso a todo o fondo de distribución da editorial.