SANTIAGO DE COMPOSTELA 30 Ene. (EUROPA PRESS) -
A consellería de Educación e Ordenación Universitaria destinará un orzamento total de 2.570.000 euros para a construcción do novo instituto de Brión (A Coruña), segundo recolle o borrador do convenio que asinará próximamente a Xunta con este concello coruñés.
A construcción do instituto foi abordada hoxe pola titular da consellería, Laura Sánchez Piñón, e o alcalde de Brión, José Luis García nunha xuntanza tras a que o rexedor amosouse satisfeito porque "é a confirmación xa definitivamente da construción" do novo centro.
Unha vez que o concello ceda os terreos idóneos para a construción do novo centro, iniciaranse os trámites de contratación das obras e a execución das mesmas. Así, o alcalde amosou o seu desexo de que o centro puidera estar rematado para o mes de xaneiro de 2007. Pola súa banda a Administración educativa sinalou que con esta infraestructura se atende "satisfactoriamente" a demanda educativa de Brión e comarca.
Durante a xuntanza, na que tamén estivo presente o secretario xeral de Educación, Benito Fernández; José Luis García expúxolle á conselleira a necesidade, derivada do crecemento da poboación en Os Ánxeles, de construción de dúas unidades de educación infantil.
Na actualidade, a Escola de Educación Infantil de Os Ánxeles conta con dúas unidades "e hai nenos para o curso que vén para catro". Neste sentido, o rexedor de Brión salientou que "poranse os medios para que se constrúan as dúas unidades que son necesarias".