A feira de artes escénicas chega mañá ao seu ecuador con cinco espectáculos teatrais galegos e un portugués

Actualizado: miércoles, 14 junio 2006 22:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Jun. (EUROPA PRESS) -

Un total de seis compañías teatrais -cinco galegas e unha portuguesa- presentarán mañá os seus últimos espectáculos no marco da XIV Feiradas Artes Escénicas de Galicia, que se desenvolve até o vindeiro día 17 en sete espazos da cidade de Santiago.

Os monicreques (Títeres Cachirulo con O libro da selva), a dramaturxia galega contemporánea (Sapristi Teatro con So, sobre e Sarabela Teatro conO heroe), os clásicos (Teatro de Ningures con Misericordia e Teatro Galileo con O avaro) e o teatro musical (Companhia do Chapit con O grande criador) conviven no cartel da terceira xornada deste encontro, que organiza o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) da Consellería de Cultura e Deporte.

Nun comunicado, este organismo sinalou que a participación na décimo cuarta edición da Feira da lisboeta Companhia do Chapit responde a un convenio de colaboración cultural asinado entre o IGAEM e o Instituto Camoes, a través do que se abre unha nova vía de diálogo con Portugal co obxectivo depromover unha relación máis intensa no ámbito escénico.