A Feira do Libro da Coruña acolle a presentación do número 170 da revista "Grial. Memoria do 36"

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 2 agosto 2006 13:44

A CORUÑA 2 Ago. (EUROPA PRESS) -

A Feira do Libro da Coruña acollerá hoxe a presentación do número 170 da revista "Grial. Memoria do 36", na que se propón unha reflexión sobre a memoria e a relación que a sociedade mantén co seu pasado.

No acto de presentación que terá lugar nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña estarán presentes Víctor F. Freixanes, director da revista e director xeral de Editorial Galaxia; Lourenzo Fernández Prieto, coordinador deste número e Vicerreitor de Relacións Institucionais da USC; Ramón Villares Paz, coordinador da área de Historia da revista e Presidente do Consello da Cultura Galega e Dolores Vilavedra Fernández, coordinadora da área de Literatura e profesora de literatura galega na facultade de Filoloxía da USC, entre outros.

Esta publicación busca recordar a aquelos galegos que durante anos recibiron unha información sesgada ao servizo dos intereses dun único bando "o dos triunfadores" que configuraron, segundo os autores da revista, o universo emocional e simbólico de varias xeracións. "Grial.Memoria do 36" amosase como modo de loitar contra o "medo a falar e medo a coñecer".

Contenido patrocinado