Galaxia edita, coa colaboración da Deputación da Coruña, o epistolario de Carballo Calero a Fernández del Riego

Actualizado: jueves, 2 marzo 2006 19:20

A CORUÑA, 2 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Deputación da Coruña acolleu hoxe a presentación do libro "Epistolario a Fernández del Riego", no que se recollen as cartas que durante medio século, entre os anos 30 e 80, dirixiu Ricardo Carballo Calero o seu amigo, o expresidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego. A tirada inicial terá 1.500 exemplares.

No acto participaron o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, o escritor e intelectual galego, Francisco Fernández del Riego e a filla do escritor ferrolán, María Victoria Carballo Calero, ademáis do vicepresidente provincial, Xaime Bello, o deputado responsable da área de Cultura, Celestino Poza, as autoras da transcrición e selección das cartas editadas, Dolores Vilavedra e Montserrat Pena, e o director da editorial Galaxia, Victor Freixanes.

Fernández Moreda afirmou que a Deputación da Coruña "non podía deixar pasar a oportunidade" de participar nun traballo que recopila a relación epistolar de "dous dos principais referentes das letras galegas" e que constitúe, afirmou, "unha viaxe no tempo e na historia do noso país a través dos ollos de Carballo Calero".

CONTEXTO HISTÓRICO

O presidente provincial destacou a oportunidade que supón para o lector achegarse "ó persoaxe, ó profesor, ó intelectual, ó apaixoado da literatura" que foi Carballo Calero e "ó mesmo tempo achegarnos tamén ó contexto histórico de cada época, algunhas delas difíciles como o período que o escritor pasou na prisión militar de Jaén, ó remate da Guerra Civil", explicou.

Fernández Moreda felicitou ás coordinadoras e á Editorial Galaxia "polo seu compromiso coa difusión da nosa cultura", destacou o valor histórico da obra e agradeceu especialmente a súa presencia no acto ó ex presidente da Real Academia Galega e destinatario das misivas recopiladas no libro, Francisco Fernández del Riego a quen definiu como "historia viva da nosa cultura e das nosas letras".

Para Dolores Vilavedra, editora do libro, "ésta é a historia dunha amizade, do galeguismo, da Academia Galega, da Editorial Galaxia". Ella definiu a Carballo Calero como un home "que fixo posible a reconciliación. A historia persoal de Carballo Calero simboliza a xenerosidade das víctimas do franquismo".

As autoras da transcrición Dolores Vilavedra e Monserrat Pena suliñaron que "nós achegámonos a Carballo Calero por pura admiración intelectual" e destacaron a riqueza literaria do contido das cartas.

Tamén Francisco Fernández del Riego fixo un eloxio da amizade e lembrou o vínculo que tivo con Ricardo Carballo Calero. Para o receptor das cartas de intelectual galego, "este libro, este epistolario, rico e significativo, reflexo unha etapa da historia de Galicia".