Letras Galegas.- 'Galicia Hoxe' conmemora a data coa entrega de agasallos que invitan a empregar a lingua galega

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 16 mayo 2006 19:11

SANTIAGO DE COMPOSTELA 16 May. (EUROPA PRESS) -

O único diario que se edita integramente en lingua galega, 'Galicia Hoxe', conmemora o Día das Letras Galegas obsequiando aos seus lectores e subscritores con agasallos que invitan a empregar o galego, coma un libro que aposta por non esquecer o historia propia, unha camiseta e unha revista.

Asemade, 'Galicia Hoxe' tamén celebra o seu terceiro aniversario de vida, logo de aparecer editado por primeira vez ao público o 17 de maio de 2003, como continuidade de 'O Correo Galego'. O grupo empresarial compostelán destaca que estas cabeceiras confirman a súa aposta polo idioma e a cultura galegas.

Entre os obsequios que a cabeceira entregará aos seus lectores está o libro 'Todo pasa, todo queda', que entrega por fascículos ao longo de nove días consecutivos dende o pasado sábado e ata o domingo 21 de maio. A publicación inclúe 300 fotografías antigas e otras 50 que fan unha crónica de Galicia e apostan por non esquecer a historia da comunidade "que pervivíeu longamente asolagada".

'Galicia Hoxe' tamén distribuirá de xeito gratuíto 'Maneiras de vivir', unha revista que reconstrúe os retratos denuha sociedade na que emerxen novas formas familiares nun país en evolución.

Por último, mañá o xornal tamén entregará unha camiseta coa lenda "Dillo en galego. Soa mellor". Para conseguila, os lectores deberán entregar os cupóns publicados polo xornal nos últimos días.

Contenido patrocinado