Letras Galegas.- Negreira (PP) afirma que o galego "no se pode converter nunha arma arroxadiza" entre partidos

Reivindica que o galego e o castelán "convivan pacíficamente" e que non haxa "coaccións" respecto ao uso da lingua

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 17 mayo 2006 19:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 May. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral do PP Provincial da Coruña, Carlos Negreiro, defendeu hoxe o papel xogado polo seu partido na "recuperación do galego" e advertiu de que a lingua "no se pode converter nunha arma arroxadiza" entre partidos.

O PP coruñés celebrou hoxe o Día das Letras Galegas cunha ofrenda floral de homenaxe a Manuel Lugrís, nun acto que tivo lugar no Cemiterio de San Amaro, na Coruña. O acto foi organizado pola Comisión de Educación e Cultura do PP da Coruña, a través das súas secretarías e dos membros de Novas Xeracións, en colaboración coa Asociación Educativa Galega (Asega), para conmemorar o 'Día das Letras Galegas'.

Varios membros do partido realizaron un percorrido polo cemiterio de San Amaro, no que se colocaron flores en varias tumbas e se lero txtos de escritores tan ilustres como Andrés Martínez Salazar, Eduardo Pondal, Curros Enríguez, Manuel Murguía e da familia de Rosalía de Castro, entre outros.

O acto central desenvolveuse fronte a tumba de Manuel Lugrís, o persoero homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, coa colocación dun centro de flores e a lectura por parte de Carlos Negreira do que está considerado como o primeiro discurso político en galego, pronunciado polo escritor en 1907.

Esta homenaxe foi especialmente emotiva, xa que contou coa presencia dun sobriño do escritor e xornalista, Lisardo Lugrís, entre outros membros da famlia, que aompañaron a todos os asistentes.

SEN IMPOSICIÓNS

Negreira asegurou que a proposta do PP será sempre a de "loitar" porque as dúas linguas, galego e castelán, "convivan pacíficamente e en igualdade" para que Galicia disfrute deste patrimonio común. POr iso, reclamou "o dereito de todos os galegos a vivier en galego, pero sen coaccións nin imposicións políticas".

Asemade, Negreira aproveitou o acto para lembrar o papel que, ao seu xuizo, xugou o PP na "recuperación do galego". Asemade, resaltou o "consenso" acadado nestes últimos vinte anos como "un patrimonio de todos os galegos" que, salientou, "permitiu un bilinüismo harmónico".

O secretario xeral do PP da Coruña apuntou que a lingua "no se pode converter agora nunha arma arroxadiza que xenere conflictos entre as forzas políticas". Por iso, demandou "que se recupere de novo o consenso" porque os galegos "esixen" unha convivencia pacífcia das dúas linguas.

Contenido patrocinado